Saltar ao contido principal

La boda de Kate, de Marta Rivera de la Cruz

Despois de que a inesperada reedición das pouco exitosas novelas do seu tío a fixese herdar unha pequena fortuna, a repousada e sensata Kate Salomon vive unha existencia prácida nunha casa en Ribanova que comparte con dúas amigas. Pero o día do seu 72 aniversario acontece algo completamente inesperado: Forster Smith, o home ao que rexeitou tres veces e do que estivo namorada dende os vinte anos, preséntase ante a súa porta cun ramo de flores e unha oferta de matrimonio.

A partir de aí, a vida de Kate -e das súas dúas anciás amigas- xirará en torno á preparación desta voda, coa que case ninguén está de acordo... en especial a familia de Kate, que teme que Forster Smith acabe coa herdanza que esperan recibir. E mentres ela prepara o seu vestido de noiva, a pequena comunidade de Ribanova bole en torno a este acontecemento singular que non só vai cambiar as vidas dos noivos.


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.