Saltar ao contido principal

Una verdad delicada, de John Le Carré

En 2008 tivo lugar unha operación secreta antiterrorista en Xibraltar. A versión oficial foi que todo saíu ben: anos despois descóbrese que non foi exactamente así.

En Xibraltar, a máis prezada colonia do Reino Unido, organízase unha operación contraterrorista cuxo nome en clave é Fauna. A súa finalidade: capturar e secuestrar un valioso traficante de armas yihadista. Os seus autores: un ambicioso ministro do Foreign Office, xunto cun contratista de defensa privado que, ademais, é íntimo amigo seu. Tan delicada é a operación que nin sequera o asistente persoal do ministro, Toby Bell, ten acceso a ela.

Sospeitando que existe unha conspiración desastrosa, Toby intenta impedila, pero asígnaselle inmediatamente un destino no estranxeiro. Ao cabo de tres anos, emprazado por sir Christopher Probyn, diplomático británico xubilado, na decrépita casa grande deste en Cornualles, e vixiado de preto por Emily, a filla de Probyn, Toby debe elixir entre a conciencia e o seu deber para co seu servizo.

Se o único necesario para o triunfo do mal é que os homes bos non fagan nada, como pode quedar en silencio?



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.