Saltar ao contido principal

Nubes de ketchup, de Annabel Pitcher

Zoe é unha rapaza inglesa de quince anos que oculta un terrible segredo. Chea de angustia pero tamén cunha boa dose de humor, Zoe comezará a escribir cartas a un criminal chamado Stuart Harris, encerrado no corredor da morte dunha prisión de Texas. Pensa que só alguén así, marcado ao igual que ela polo segredo, a mentira e o asasinato, vai poder comprendela...

Bolígrafo en man, Zoe respira profundamente, come un sándwich de marmelada de amorodo e comeza o seu relato de amor e traizón...

Club Kiriko di deste libro:

"Una narración epistolar unilateral de una muchacha con un preso en el corredor de la muerte nos sorprende con una poderosa declaración inicial: la chica ha matado a alguien y necesita confesarlo. A partir de aquí asistimos al desarrollo de una historia poco alejada de las convenciones de una novela romántica en la que están especialmente bien construidos los caracteres de los miembros de la familia de la protagonista: los padres y las hermanas. El humor y la ironía y un buen manejo de la intriga y de los diálogos lo convierten en un libro interesante".

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.