Saltar ao contido principal

Circo máximo, de Santiago Posteguillo

A segunda parte da triloxía de Trajano

Circo Máximo é a historia de Trajano e o seu goberno, guerras e traizóns, lealdades insubornables e historias de amor imposibles. Hai unha vestal, un xuízo, inocentes acusados, un avogado especial, mensaxes cifradas, códigos secretos, batallas campais, fortalezas inexpugnables, asedios sen fin, dous aurigas rivais, o Anfiteatro, os gladiadores e tres carreiras de cuadrigas. Hai tamén un cabalo especial, diferente a todos, leis antigas esquecidas, sacrificios humanos, amargura e terror, pero tamén fulgores de nobreza e esperanza, como a chama de Vesta, que mentres arde, preserva a Roma. Só que hai noites onde a chama do Templo de Vesta treme. A roda da Fortuna comeza entón a xirar. Neses momentos, todo pode pasar e ata a vida do propio Trajano, aínda que el non o saiba, corre perigo. E, isto é o mellor de todo, aconteceu: houbo un complot para asasinar a Marco Ulpio Trajano.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.