Saltar ao contido principal

Yo soy Malala, de Malala Yousafzai

Cando os talibáns colleron o control do val de Swat en Paquistán, unha nena alzou a súa voz. Malala Yousafzai negouse a ser silenciada e loitou polo seu dereito á educación. O martes 9 de outubro de 2012, con quince anos de idade, estivo a punto de pagar o xesto coa súa vida. Disparáronlle na cabeza a queimarroupa mentres volvía á casa da escola en autobús, e poucos pensaron que fose a sobrevivir. Non obstante, a milagrosa recuperación de Malala levouna nun extraordinario periplo dende un remoto val no norte de Paquistán ata as Nacións Unidas en Nova York. Aos dezaseis anos converteuse nun símbolo global da protesta pacífica, e é a nominada máis nova da historia para o Premio Nobel de la Paz. Yo soy Malala é o excepcional relato dunha familia desterrada polo terrorismo global, da loita pola educación das nenas, dun pai que, el mesmo propietario dunha escola, apoiou a súa filla e alentouna a escribir e a ir ao colexio, e duns pais valentes que queren a súa filla por riba de todo nunha sociedade que privilexia os fillos varóns. Yo soy Malala fainos crer no poder da voz dunha persoa para cambiar o mundo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.