Saltar ao contido principal

¡Muuu!, de David Safier

¡Muuu!, de David Safier, autor doutras obras da narrativa de humor como Maldito karma ou Unha familia feliz, é unha divertida fábula protagonizada por unha heroína conmovedora que loita por facer realidade os seus sonos: a felicidade e o amor.

¡Muuu! está protagonizada por Lolle, unha vaca do norte de Alemaña que pasa por unha etapa bastante mala: non só descubriu que o seu querido touro Champion a engana con esa vaca idiota de Susi. Non, ademais decatouse de que o gandeiro quere vender o terreo e tanto ela coma os seus compañeiros rematarán entre dúas rebandas de pan. Un encontro accidental cun gato moinante devolve a esperanza a Lolle. Polo visto existe un lugar onde as vacas non acaban convertidas en hamburguesa: a India! Lolle decide poñer pés en polvorosa esa mesma noite e, acompañada das súas dúas mellores amigas, emprender a perigosa viaxe cara á terra prometida.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.