Saltar ao contido principal

Lo que la Vida me ha enseñado, de Cayetana Stuart y Silva

«Vivo un tempo máis sosegado. Por iso puiden facer balance e recompilar a miña filosofía de vida. Con que algunha das ideas que aquí se recollen sexan útiles e axuden a unha soa persoa, o esforzo terame merecido a pena».

Deu o «Si, quero» a Alfonso Díez e a duquesa de Alba arrancou a bailar. Esas imaxes deron a volta ao mundo, porque Cayetana Fitz-James Stuart non deixa indiferente a ninguén.

Animada polo cariño de que é obxecto alá onde vai, sorprendida pola expectación que espertan as súas vivencias e tras o éxito das súas memorias, a duquesa descóbrenos como foi a súa vida dende ese 5 de outubro de 2011 no que se casou con Alfonso, o terceiro duque consorte da XVIII duquesa de Alba.

Pero sobre todo quixo trasladar as súas reflexións, os seus pensamentos máis íntimos e serenos dende a perspectiva que lle dan as súas oito décadas de vida trepidante.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.