Barcelona, 1387. As campás da igrexa de Santa María da Mar seguen soando para todos os habitantes do barrio da Ribeira, pero uno deles escoita o seu repique con especial atención... Hugo Llor, fillo dun mariñeiro falecido, aos seus doce anos traballa nas atarazanas grazas á xenerosidade dun dos prohomes máis apreciados da cidade: Arnau Estanyol. Pero os seus soños xuvenís de converterse en construtor de barcos daranse de bruzos contra unha realidade dura e desapiadada cando a familia Puig, inimiga acérrima do seu mentor, aproveite a súa posición ante o novo rei para executar unha vinganza que levaba anos acariñando. A partir dese momento, a vida de Hugo oscila entre a súa lealdade a Bernat, amigo e único fillo de Arnau, e a necesidade de sobrevivir nunha cidade inxusta cos pobres. Obrigado a abandonar o barrio da Ribeira, busca traballo xunto a Mahir, un xudeu que lle ensina os segredos do mundo do viño. Con el, entre viñedos, cubas e alambiques, o raparigo descobre a paixón pola te...