Saltar ao contido principal

Un monstruo viene a verme, de Patrick Ness

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1212351
Nova edición da novela máis aclamada de Patrick Ness con prólogo de Juan Antonio Bayona, director de Un monstruo viene a verme, a película baseada no libro.

Unha historia emocionante e extraordinaria sobre un neno, a súa nai enferma e o monstro que vén visitarlle.

Sete minutos despois da medianoite, Conor esperta e atópase un monstro na xanela. Pero non é o monstro que el esperaba, o do pesadelo que ten case todas as noites desde que a súa nai empezou o arduo e incansable tratamento. Non, este monstro é algo diferente, antigo... E quere o máis perigoso de todo: a verdade.
 
Maliciosa, divertida e conmovedora, Un monstruo viene a verme fálanos da nosa dificultade para aceptar a perda e dos lazos fráxiles pero extraordinariamente poderosos que nos unen á vida.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.