Saltar ao contido principal

Los herederos de la tierra, de Ildefonso Falcones

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1218007&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20falcones
Barcelona, 1387. As campás da igrexa de Santa María da Mar seguen soando para todos os habitantes do barrio da Ribeira, pero uno deles escoita o seu repique con especial atención... Hugo Llor, fillo dun mariñeiro falecido, aos seus doce anos traballa nas atarazanas grazas á xenerosidade dun dos prohomes máis apreciados da cidade: Arnau Estanyol.

Pero os seus soños xuvenís de converterse en construtor de barcos daranse de bruzos contra unha realidade dura e desapiadada cando a familia Puig, inimiga acérrima do seu mentor, aproveite a súa posición ante o novo rei para executar unha vinganza que levaba anos acariñando.

A partir dese momento, a vida de Hugo oscila entre a súa lealdade a Bernat, amigo e único fillo de Arnau, e a necesidade de sobrevivir nunha cidade inxusta cos pobres.

Obrigado a abandonar o barrio da Ribeira, busca traballo xunto a Mahir, un xudeu que lle ensina os segredos do mundo do viño. Con el, entre viñedos, cubas e alambiques, o raparigo descobre a paixón pola terra á vez que coñece a Dolça, a fermosa sobriña do xudeu, que se converterá no seu primeiro amor. Pero este sentimento, prohibido polos costumes e pola relixión, será o que lle proporcionará os momentos máis doces e amargos da súa mocidade.

Dez anos despois da catedral do mar, Ildefonso Falcones regresa de novo a ese mundo que tan ben coñece, a Barcelona medieval. E faio recreando unha vez máis á perfección esa efervescente sociedade feudal, prisioneira dunha nobreza voluble e corrupta, e a loita dun home por saír adiante sen sacrificar a súa dignidade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.