Saltar ao contido principal

Publicacións

El río del edén, de José María Merino

Premio Nacional de Narrativa 2013 XI Premio da Crítica de Castela e León Mellor novela de 2012 segundo El Cultural de El Mundo «Din que un ser humano tarda pouco máis de oito segundos en namorarse, e mentres mirabas e escoitabas aquela rapaza, sentiches cara a ela ese invencible afán de proximidade con que o amor se reviste cando xorde.» En compañía do seu fillo Silvio , Daniel percorre as paraxes do Alto Texo, lugar lendario no que pensa esparexer as cinzas da súa esposa. Son os mesmos lugares en que o home e a muller, na súa primeira xuventude, compartiron unha forte paixón amorosa. Ao fío da camiñada, o home recorda a súa emocionante historia de amor, traizón e arrepentimento. Narrada dende unha «segunda persoa» que compón á vez un fluxo de conciencia e unha narración obxectiva, esta nova novela de José María Merino volve confrontar os ámbitos alleos e indiferentes da natureza -os espazos naturais- con ese desasosego sentimental e moral que está na substancia mesma d...

No pasa nada y si pasa se le saluda, de Raquel Martos

Intelixencia, desenfado e sensibilidade son os tres piares sobre os que se asenta esta obra, a medio camiño entre a novela e o monólogo, na que a autora comparte co lector, cunha actitude moi pouco politicamente correcta, as súas reflexións, comentarios e reaccións a unha realidade na que, non nos queda outra, temos que resistir como poidamos... Mordaz, irónica, moi aguda e tamén sorprendentemente tenra, Raquel Martos demóstranos como se pode pasar de sufrir a gozar, da resignación á indignación, do odio ao amor e viceversa sen as etapas intermedias.

Novidades cómic

Andel de novidades

Andel de novidades

Las olas del destino, de Sarah Lark

Las olas del destino , de Sarah Lark , autora doutros best sellers da narrativa estranxeira como a Triloxía da Nube Blanca ( En el país de la nube blanca , La canción de los maoríes e El grito de la tierra ), é o segundo e último volume, tras La isla de las mil fuentes , da Saga do Caribe, ambientada en Xamaica e La Española .  Unha novela que conta a historia real do carismático rebelde François Macandal , tamén coñecido como o Mesías Negro. Unha obra conmovedora, fascinante e chea de colorido. Sarah Lark crea unha atmosfera subxugador e invítanos a soñar cun radiante Caribe sen deixar de mostrar a parte máis escura deste paraíso exótico.   Con Las olas del destino Sarah Lark transpórtanos de novo ao Caribe e a beleza das súas illas: un novo territorio exótico recreado maxistralmente a través dunha historia familiar inesquecible, fascinante e única.  Deirdre , a filla da inglesa Nora Fortnam e do escravo Akwasi , leva unha vida protexida na pl...

El manuscrito encontrado en Accra, de Paulo Coelho

14 de xullo de 1099. Mentres Xerusalén se prepara para a invasión dos cruzados, un grego coñecido como o Copto convoca ao pobo, mozos e vellos, homes e mulleres, a reunirse xunto a el. Que valores quedan cando todo foi destruído? «Ninguén sabe o que nos reserva o mañá, porque cada día chega co mal e co ben. Así pois, ao preguntar o que desexades saber, esquecede as tropas que están fóra da cidade e o medo que está dentro dela. Falaremos, en cambio, da nosa vida cotiá, das dificultades que debemos afrontar.» Mentres esperan o ataque inimigo, as xentes pregúntanlle acerca da derrota e a soidade, a loita e o cambio, a beleza, como encontrar o propio camiño. E despois, sobre o amor e a lealdade, o destino, o sexo e a elegancia, o medo e a ansiedade, a sabedoría e, tamén, o que agarda no futuro... E as respostas que obtiveron seguen sendo válidas agora, mil anos despois. Eles preguntaron. O Copto contestou. Le un fragmento .