Saltar ao contido principal

El manuscrito encontrado en Accra, de Paulo Coelho

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109265
14 de xullo de 1099. Mentres Xerusalén se prepara para a invasión dos cruzados, un grego coñecido como o Copto convoca ao pobo, mozos e vellos, homes e mulleres, a reunirse xunto a el.

Que valores quedan cando todo foi destruído?

«Ninguén sabe o que nos reserva o mañá, porque cada día chega co mal e co ben. Así pois, ao preguntar o que desexades saber, esquecede as tropas que están fóra da cidade e o medo que está dentro dela. Falaremos, en cambio, da nosa vida cotiá, das dificultades que debemos afrontar.»

Mentres esperan o ataque inimigo, as xentes pregúntanlle acerca da derrota e a soidade, a loita e o cambio, a beleza, como encontrar o propio camiño. E despois, sobre o amor e a lealdade, o destino, o sexo e a elegancia, o medo e a ansiedade, a sabedoría e, tamén, o que agarda no futuro... E as respostas que obtiveron seguen sendo válidas agora, mil anos despois.

Eles preguntaron. O Copto contestou.




 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.