Saltar ao contido principal

Las olas del destino, de Sarah Lark

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109245
Las olas del destino, de Sarah Lark, autora doutros best sellers da narrativa estranxeira como a Triloxía da Nube Blanca (En el país de la nube blanca, La canción de los maoríes e El grito de la tierra), é o segundo e último volume, tras La isla de las mil fuentes, da Saga do Caribe, ambientada en Xamaica e La Española

Unha novela que conta a historia real do carismático rebelde François Macandal, tamén coñecido como o Mesías Negro. Unha obra conmovedora, fascinante e chea de colorido. Sarah Lark crea unha atmosfera subxugador e invítanos a soñar cun radiante Caribe sen deixar de mostrar a parte máis escura deste paraíso exótico.  

Con Las olas del destino Sarah Lark transpórtanos de novo ao Caribe e a beleza das súas illas: un novo territorio exótico recreado maxistralmente a través dunha historia familiar inesquecible, fascinante e única. Deirdre, a filla da inglesa Nora Fortnam e do escravo Akwasi, leva unha vida protexida na plantación da súa nai e do seu pai adoptivo. Malia as orixes pouco claras da moza, os rapaces da illa beben os ventos por ela. Deirdre, non obstante, non sente o menor interese por ningún deles ata que o mozo médico Victor Dufresne pide a súa man. Tras unha espléndida cerimonia nupcial, a parella de acabados de casar zarpa cara a Saint-Domingue, en La Española. Os sucesos que alí acontecerán transformarán as súas vidas por completo... 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.