Saltar ao contido principal

El río del edén, de José María Merino

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109282
Premio Nacional de Narrativa 2013
XI Premio da Crítica de Castela e León
Mellor novela de 2012 segundo El Cultural de El Mundo

«Din que un ser humano tarda pouco máis de oito segundos en namorarse, e mentres mirabas e escoitabas aquela rapaza, sentiches cara a ela ese invencible afán de proximidade con que o amor se reviste cando xorde.»

En compañía do seu fillo Silvio, Daniel percorre as paraxes do Alto Texo, lugar lendario no que pensa esparexer as cinzas da súa esposa. Son os mesmos lugares en que o home e a muller, na súa primeira xuventude, compartiron unha forte paixón amorosa. Ao fío da camiñada, o home recorda a súa emocionante historia de amor, traizón e arrepentimento.

Narrada dende unha «segunda persoa» que compón á vez un fluxo de conciencia e unha narración obxectiva, esta nova novela de José María Merino volve confrontar os ámbitos alleos e indiferentes da natureza -os espazos naturais- con ese desasosego sentimental e moral que está na substancia mesma do ser humano.

El río del Edén conforma un drama amoroso e familiar moi propio dos tempos que vivimos, e que non obstante mantén vixentes aspectos da realidade que foron permanentes estímulos para a ficción literaria.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.