Saltar ao contido principal

Publicacións

Abril, mes dos libros

O mes de abril é un mes moi especial pois se celebran dúas datas moi importantes relacionadas co libro. - O día 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. - O día 23 de abril é o Día Mundial do Libro. Na biblioteca temos preparadas varias actividades para celebrar estas datas. Imos adicar este mes á obra da escritora fenesa Paula Carballeira. Esta proposta repetirémola en anos sucesivos con outros autores co fin de resaltar a calidade da produción literaria que se fai en Galicia para os máis pequenos e de fomentar a lectura en galego. As actividades propostas son as seguintes: 2, 9 e 16 de abril: obradoiros plásticos baseados en varias obras infantís de Paula Carballeira. Coma sempre, haberá dúas sesións: unha ás 16:30 h. para nen@s de 7 a 12 anos e outra ás 18:30 h. para nen@s de 3 a 6 anos. Prazas limitadas; inscrición na Biblioteca. 23 de abril: entrega de premios do IV Concurso de debuxo en formato marcapáxinas e sorteo de lotes de libros entre aqueles usuari@s q...

Fin da exposición "Biblioteca de libros fantásticos"

O día 31 de marzo rematou a exposición "Biblioteca de libros fantásticos" de Carmen Domech. A autora levará agora esta exposición a outras bibliotecas, nas que esperamos que gocen tanto coma nós. Foron moitas as persoas que visitaron a exposición e algunhas deixaron escrita a súa opinión no caderno que Carmen dispuxo a tal efecto. Queremos que coñezades algunhas desas opinións. Esperanza escribiu: Como todos los días llegué a la Biblioteca para leer los periódicos y me enuentro con la sorpresa de la Exposición. ¡¡Fabulosa!! Qué gran obra. Siempre estuve inmersa en el mundo de los libros. Fueron mis grandes amigos y llenaron muchas horas de mi vida. A todos los alumnos de Infantil que pasaron por mis manos intenté inculcarles y traspasarles mi amor a los libros. Espero que mi semilla haya fructificado. Vuelvo a reiterar que estoy gratamente impresionada por la exposición. ¡¡Enhorabuena!!. M.X. escribiu: Sería imposible decidir a que sentidos vai dirixida a exposición: ¡encheos...

Boletíns de novidades

Dende o mes de xaneiro tedes á vosa disposición na biblioteca un boletín con algunhas das novidades para adultos máis destacadas. A súa periodicidade é mensual. Podedes consultalos en PDF picando sobre a imaxe.

Obradoiro con Carmen Domech - 12 de marzo de 2008

Dentro do ciclo "Na biblioteca atopamos fantasía" que se está desenvolvendo na biblioteca durante o mes de marzo, realizouse un obradoiro de Carmen Domech para os alumn@s de 6ºB do CEIP "José María Lage". A TVG visitou este obradoiro e fixo unha conexión para o programa " A Revista ". Os rapaces confeccionaron dous libros: "Os amigos da lúa" e "O libro das bocas" utilizando diferentes técnicas plásticas.

Marzo - Na biblioteca atopamos fantasía

Durante o mes de marzo a biblioteca acolle a exposición de Carmen Domech "Biblioteca de libros fantásticos". Podedes visitala no horario habitual da biblioteca. Carmen Domech preséntanos nesta exposición arredor de cincuenta libros transformados en algo máis que historias escritas. Esta transformación pasa por converter o libro nun obxecto plástico que é por si só evocador da súa historia e doutras, grazas ás imaxes que debuxan. Esta actividade está cofinanciada polo Concello de Ortigueira e a Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Ademais haberá as seguintes actividades: 5 de marzo: Obradoiro de papel. Dúas sesións: ás 16:30 para nen@s de 7 a 12 anos e ás 18:30 para nen@s de 3 a 6 anos. Prazas limitadas; inscrición na biblioteca. 12 de marzo: Contacontos a cargo de Carmen Domech ás 17:30 h. para todas as idades. Entrada libre. 26 de marzo: Contacontos a cargo de Carmen Domech ás 17:30 h. para todas as idades. Entrada libre.

Contacontos mércores 27 de febreiro de 2008

Como xa sabedes tod@s hoxe esperábamos a visita de Joshua, pero non pode vir a contarnos as súas historias porque está maliño. Por iso no mesmo horario imos proxectar a película "NOCTURNA". Esperamos que vos guste.