Saltar ao contido principal

Fin da exposición "Biblioteca de libros fantásticos"

O día 31 de marzo rematou a exposición "Biblioteca de libros fantásticos" de Carmen Domech. A autora levará agora esta exposición a outras bibliotecas, nas que esperamos que gocen tanto coma nós.

Foron moitas as persoas que visitaron a exposición e algunhas deixaron escrita a súa opinión no caderno que Carmen dispuxo a tal efecto. Queremos que coñezades algunhas desas opinións.

Esperanza escribiu:
Como todos los días llegué a la Biblioteca para leer los periódicos y me enuentro con la sorpresa de la Exposición. ¡¡Fabulosa!! Qué gran obra. Siempre estuve inmersa en el mundo de los libros. Fueron mis grandes amigos y llenaron muchas horas de mi vida.
A todos los alumnos de Infantil que pasaron por mis manos intenté inculcarles y traspasarles mi amor a los libros. Espero que mi semilla haya fructificado.
Vuelvo a reiterar que estoy gratamente impresionada por la exposición. ¡¡Enhorabuena!!.

M.X. escribiu:
Sería imposible decidir a que sentidos vai dirixida a exposición: ¡encheos todos!. Faime lembrar tantas cosas que eu imaxinei aínda que nunca podería expresar en imaxes. É unha auténtica alfaia do bo gusto. Gustaríame dicir tantas cousas e non me saen as palabras. Outro valor engadido: en galego. Parabéns.

Os alumnos de 5º A do CEIP "José María Lage" escribiron:
Visitamos esta tarde a exposición; as nosas impresións foron as seguintes:
- Son uns libros impresionantes (Marta).
- O mellor: historias de familia e tradición oral (Cristián).
- A árbore gústame moito (Fran).
Noraboa pola exposición.

Grazas aos profesores do CEIP "José María Lage" e do IES de Ortigueira que trouxeron aos seus alumn@s a ver a exposición, grazas a tod@s os que a visitastes, grazas á autora por unha obra impresionante e unhas sesións de contacontos marabillosas e grazas á Consellería de Cultura e Deporte que, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, cofinanciou esta actividade.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.