Saltar ao contido principal

Abril, mes dos libros

O mes de abril é un mes moi especial pois se celebran dúas datas moi importantes relacionadas co libro.
- O día 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
- O día 23 de abril é o Día Mundial do Libro.

Na biblioteca temos preparadas varias actividades para celebrar estas datas.

Imos adicar este mes á obra da escritora fenesa Paula Carballeira. Esta proposta repetirémola en anos sucesivos con outros autores co fin de resaltar a calidade da produción literaria que se fai en Galicia para os máis pequenos e de fomentar a lectura en galego.

As actividades propostas son as seguintes:
  • 2, 9 e 16 de abril: obradoiros plásticos baseados en varias obras infantís de Paula Carballeira. Coma sempre, haberá dúas sesións: unha ás 16:30 h. para nen@s de 7 a 12 anos e outra ás 18:30 h. para nen@s de 3 a 6 anos. Prazas limitadas; inscrición na Biblioteca.
  • 23 de abril: entrega de premios do IV Concurso de debuxo en formato marcapáxinas e sorteo de lotes de libros entre aqueles usuari@s que leven libros en préstamo entre o 1 e o 23 de abril. Podedes consultar as bases na Biblioteca. Entrada libre.
  • 30 de abril: VISITA DE PAULA CARBALLEIRA, que nos falará da súa obra e nos mostrará a súa faceta como contacontos. Entrada libre.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.