Saltar ao contido principal

Publicacións

Día Internacional do Libro Infantil

Mañá é o Día Internacional do Libro Infantil e na Biblioteca de Ortigueira ímolo celebrar con dúas actividades: - O luns día 3 agasallaremos cun marcapáxinas coa imaxe do cartel a todos aqueles que utilicen o servizo de préstamo infantil ao longo de toda a xornada. - O mércores día 5, ás 17:30 h. Charo Pita traeranos "O curral de Cocoricó" para bebés de 0 a 3 anos (precisa inscrición previa). Actividade incluída no programa "ler conta moito" da Xunta de Galicia.     A continuación deixamosvos ás orixes desta celebración máis o cartel e o manifesto conmemorativos deste ano. Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.  Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional d...

"Descobre ás + grandes"

O próximo mércores 8 de marzo celebraremos o Día Internacional da Muller en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) de Ortigueira.

Biblioentroido

Así de divertidos foron os obradoiros de entroido da biblioteca. 4

Biblioentroido

Quedan poucas prazas para os obradoiros de entroido. Anímate!  

Felices festas!

Os sábados 24 e 31 de decembro a biblioteca permanecerá pechada.

Andel de novidades

Recibido a semana pasada o lote de libros que nos concederon na XVII Campaña de Animación á Lectura María Moliner comezamos a catalogalos para que poidades levalos en préstamo. Hoxe dámosvos a coñecer os tres primeiros que preparamos esperando que vos apeteza lelos. En primeiro lugar "El elefante desaparece" de Haruki Murakami. Sinopse: Un home que se obsesiona coa insólita e misteriosa desaparición do elefante dun zoo, un avogado en paro que recibe o encargo da súa muller de atopar ao seu gato, unha parella de recentemente casados que deciden atracar un MacDonald's en plena noite, unha curiosa digresión sobre os canguros, un anano diabólico que baila, un mozo empeñado en burlarse do seu futuro cuñado, un pirómano confeso... Os protagonistas de todos os relatos que compoñen este volume esperan algo. Un accidente, un feito azaroso. Ao contrario que esta obra, onde nada, absolutamente nada, queda ao azar. Alternando páxinas inquietantes e hilarantes, O elefante desap...

Premios Planeta 2016

Xa na biblioteca o Premio Planeta e o Finalista 2016. "Todo esto te daré": No escenario da Ribeira Sacra, Álvaro sofre un accidente que acabará coa súa vida. Cando Manuel, o seu marido, chega a Galicia para recoñecer o cadáver, descobre que a investigación sobre o caso pechouse con demasiada rapidez. O rexeitamento da súa poderosa familia política, os Muñiz de Dávila, impúlsalle a fuxir pero retenlle a alegación contra a impunidade que Nogueira, un garda civil xubilado, esgrime contra a familia de Álvaro, nobres arrolados nos seus privilexios, e a sospeita de que esa non é a primeira morte da súa contorna que se enmascarou como accidental. Lucas, un sacerdote amigo da infancia de Álvaro, únese a Manuel e a Nogueira na reconstrución da vida secreta de quen cría coñecer ben. A inesperada amizade destes tres homes sen ningunha afinidade aparente axuda a Manuel a navegar entre o amor por quen foi o seu marido e o tormento de vivir de costas á realidade, blindado tras a quim...