Saltar ao contido principal

Publicacións

Novidade no fondo local

Temos unha nova incorporación para o fondo local, grazas á doazón dun usuario: "O afundimento do Ole Jacob/Benno en Cariño" de Jorge R. G. Torrente e Ramiro Fernández Feal.

Mes das Letras Galegas

Maio é o mes das Letras Galegas e ímolo a celebrar con diferentes actividades. Durante todo o mes poderedes visitar dúas mostras bibliográficas: unha está dedicada a Manuel María e as súas obras e a outra conmemora o Centenario das Irmandades da Fala. O día 18 ás 17:30 h. Fátima Fernández traeranos para os máis pequenos a obra de Manuel María titulada "O bigote de Mimí" e a continuación alumnos da Escola Municipal de Música realizarán a lectura musicada de diferentes poemas do mesmo autor.

Celebracións día do libro

Son varias as actividades que realizamos esta semana en torno ao libro e a lectura para celebrar o Día do Libro. Onte pola mañá recibimos as visitas das escolas infantís Patucos e A Galiña Azul. Lemos a historia de Elmer e elaboramos uns divertidos elefantes de cores. Pola tarde escoitamos os "Contos que deixan pegada" de Pavís-Pavós nunha sesión moi divertida e entretida. Esta actividade forma parte do programa "Ler conta moito" da Xunta de Galicia. Hoxe comezamos o día levando os libros da III edición da campaña "Séntate a ler" ás diferentes parroquias do municipio. Aquí deixámosvos algunhas pistas de onde podedes atopalos. Ás 12:00 h. recibimos a visita de ASPROMOR.  Queremos agradecerlles que se achegaran á biblioteca e tamén o agasallo que nos fixeron. Grazas!!! Mañá poñeremos o colofón ás celebracións coa lectura pública que realizará o alumnado do CEIP sobre a obra de Manuel María ás 11:00 h. na bib...

Andel de novidades

Mes do Libro

Estas son as actividades programadas para o mes de abril. Animarvos a participar!

Abril, Mes dos Libros

Aínda que para nós todos os días son Día do Libro, o mes de abril é moi especial posto que se celebran as dúas datas máis importantes relacionadas con el: o día 2 é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o día 23 é o Día Mundial do Libro. Na biblioteca imos celebralos con diferentes actividades que vos iremos contando. A primeira delas é a exposición "Nós contamos así", que desde hoxe e ata final de mes podedes visitar na biblioteca. A exposición está formada por diferentes materiais que elaboramos ao longo dos anos para contar historias aos máis pequenos.  Esperámosvos!!!

Actividades Día do Libro Infantil

Ven a celebrar con nós o Día do Libro Infantil!!!