Saltar ao contido principal

Publicacións

Actividade Ano de Antonio Rivera Losada

O venres 18 de maio ás 20:30 h. no Teatro da Beneficencia terá lugar un novo acto organizado por Ortigueira Literaria Dixital en torno á figura de Antonio Rivera Losada. Consistirá na proxección de dous videos, a lectura duns retazos dos seus artigos e finalizará coa actuación do Coro da Escola de Música. Esperamos que sexa do voso interese

Actividades Letras Galegas

Para conmemorar o Día das Letras Galegas está a vosa disposición a V Mostra do Libro Galego. A mostra inclúe as obras relacionadas co autor homenaxeado este ano, Valentín Paz-Andrade, e tamén unha serie de libros recén chegados á biblioteca que abarcan diferentes materias e están orientados a un público moi diverso.     Ademáis, o   día 16 desenvolverase na biblioteca unha actividade especial, POETIC DJ , na que os rapaces de 12 a 18 anos poderán desfrutar dun espectáculo multimedia con música electrónica seleccionada e pinchada en vivo pola dj Carina Posse, poemas de Elvira Riveiro e proxección de imaxes. Lembra que se estas interesado en participar debes inscribirte na Biblioteca ou no teléfono 981 422 558.

Día Mundial do Libro

¡FELIZ DÍA DO LIBRO! Lembrade que entre as actividades programadas para celebralo está o sorteo de lotes de libros que levaremos a cabo hoxe, día 23, ás 17:00h. O mércores pola mañá entregaremos os premios do VIII Concurso de debuxo en formato marcapáxinas no CEIP "José María Lage" e do I Concurso de microrrelatos Ortigueira Literaria Dixital no IES de Ortigueira. E finalmente o mércores ás 17:30 h. hai unha sesión de contacontos na Biblioteca a cargo de Tarabelos.

Visita dos peques da Escola Infantil Patucos

Hoxe recibimos a visita dos peques da Escola Infantil Patucos. Mónica contoulles a historia de "La gallinita roja" escenificada nun longo libro de tea. Aos nenos gustoulles moito a historia e foron moi participativos. Para rematar confeccionaron un títere de pao representando unha galiña e marcharon moi contentos.

Premios Consurso de debuxo en formato marcapáxinas

Un ano máis, para celebrar o Día Mundial do Libro, convocamos o Concurso de debuxo en formato marcapáxinas que este ano chega á súa VIII edición. O mércores pasado o xurado elixiu aos gañadores. Como xa sabedes este ano adicámolo a Antonio Rivera Losada e estivo incluido nas actividades programadas por Ortigueira Literaria Dixital para homenaxear a este escritor nacido en Mera de Abaixo. Podedes coñecer aos gañadores no blog de Ortigueira Literaria Dixital . Noraboa aos premiados.

Actividades Mes do Libro

Como xa sabedes tod@s este mes celebramos dúas datas moi importantes arredor do libro. Hoxe é o Día Internacional do Libro Infantil e o 23 é o Día Mundial do Libro. Para conmemorar ambas datas levaremos a cabo diversas actividades. Contacontos (para nen@s de 3 a 12 anos): - Día 3 ás 17:30 h.: sesión de contacontos a cargo de Fátima Fernández. - Día 25 ás 17:30 h.: sesión de contacontos a cargo de Tarabelos. Sorteos (para todas as idades): O día 23 ás 17:00 h. sortearemos dous lotes de libros, un para o público infantil e outro para o público xuvenil e adulto. Dende hoxe e ata o momento do sorteo, a cada usuari@ que leve en préstamo un libro entregarémoslle unha papeleta para participar no mesmo. Concursos (para o alumnado do CEIP "José María Lage" e do IES de Ortigueira): Hai convocados dous concursos, un de debuxo en formato marcapáxinas para os alumn@s do CEIP e outro de relatos cortos para os alumn@s do IES. Ambos forman parte das actividades convocadas para conmemor...

Nova mostra bibliográfica

A nova mostra bibliográfica achéganos unhas lecturas moi variadas.