Saltar ao contido principal

Premios Consurso de debuxo en formato marcapáxinas

Un ano máis, para celebrar o Día Mundial do Libro, convocamos o Concurso de debuxo en formato marcapáxinas que este ano chega á súa VIII edición. O mércores pasado o xurado elixiu aos gañadores. Como xa sabedes este ano adicámolo a Antonio Rivera Losada e estivo incluido nas actividades programadas por Ortigueira Literaria Dixital para homenaxear a este escritor nacido en Mera de Abaixo.



Podedes coñecer aos gañadores no blog de Ortigueira Literaria Dixital.



Noraboa aos premiados.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.