Saltar ao contido principal

Publicacións

Marzo - Na biblioteca atopamos fantasía

Durante o mes de marzo a biblioteca acolle a exposición de Carmen Domech "Biblioteca de libros fantásticos". Podedes visitala no horario habitual da biblioteca. Carmen Domech preséntanos nesta exposición arredor de cincuenta libros transformados en algo máis que historias escritas. Esta transformación pasa por converter o libro nun obxecto plástico que é por si só evocador da súa historia e doutras, grazas ás imaxes que debuxan. Esta actividade está cofinanciada polo Concello de Ortigueira e a Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Ademais haberá as seguintes actividades: 5 de marzo: Obradoiro de papel. Dúas sesións: ás 16:30 para nen@s de 7 a 12 anos e ás 18:30 para nen@s de 3 a 6 anos. Prazas limitadas; inscrición na biblioteca. 12 de marzo: Contacontos a cargo de Carmen Domech ás 17:30 h. para todas as idades. Entrada libre. 26 de marzo: Contacontos a cargo de Carmen Domech ás 17:30 h. para todas as idades. Entrada libre.

Contacontos mércores 27 de febreiro de 2008

Como xa sabedes tod@s hoxe esperábamos a visita de Joshua, pero non pode vir a contarnos as súas historias porque está maliño. Por iso no mesmo horario imos proxectar a película "NOCTURNA". Esperamos que vos guste.

Febreiro - Na biblioteca inventamos

Onte comezamos a traballar cunha nova temática nas sesións do noso programa de animación á lectura. Xa pasado o entroido, imos aprender cousas sobre diferentes inventos. As sesións son as seguintes: 6 de febreiro: "Conexión telefónica". 13 de febreiro: "Impulso ascendente". 20 de febreiro: "Mensaxes codificadas". Igual que o mes anterior haberá dúas sesións: 16:30 h. para rapaces de 7 a 12 anos e 18:30 para rapaces de 3 a 6 anos. Unha NOVIDADE: a partir de agora as PRAZAS son LIMITADAS, haberá que inscribirse para cada actividade o mesmo día, ata media hora antes do seu comenzo. Podes facelo na biblioteca ou por teléfono no 981 422 558. 27 de febreiro: CONTACONTOS. Sesión especial ás 17:30 h. para todas as idades e con ENTRADA LIBRE (é a única actividade do mes para a que non é necesario inscribirse).

"La carretera" - Libros comentados por los usari@s de la biblioteca

Rafael Rodríguez Pita nos comenta "La carretera" de Cormac McCarthy: Este es un libro que engancha. Desde el principio estás deseando leer el libro para saber cómo acaba. Es una bonita historia de supervivencia entre un padre y un hijo. Gracias Rafael por tu comentario.

Xaneiro - Na biblioteca disfrazámonos

Hoxe comezamos un novo programa de animación á lectura. Cada mes imos traballar temáticas diferentes. En xaneiro abordaremos o entroido coas seguintes actividades: 9 de xaneiro: Obradoiro de disfraces. 16 de xaneiro: Obradoiro de maquillaxe. 23 de xaneiro: Obradoiro de caretas. Dúas sesións: 16:30 h. para rapaces de 7 a 12 anos e 18:30 para rapaces de 3 a 6 anos. 30 de xaneiro: CONTACONTOS. Sesión especial ás 17:30 h. para todas as idades.

AVISO!!!

CON MOTIVO DAS FESTAS DO NADAL, A BIBLIOTECA ESTARÁ PECHADA: -DO 22 AO 25 DE DECEMBRO -DO 29 DE DECEMBRO AO 1 DE XANEIRO -O 5 DE XANEIRO. DESEXÁMOSLLES QUE PASEN UNHAS FELICES FESTAS.

Celebramos o Nadal - 19 de decembro de 2007

O mércores comezamos o Nadal confeccionando uns marcos de fotos para facer un agasallo aos nosos pais. Primeiro puxémonos guapos e guapas para saír na foto e logo decoramos o marco. ¿Gustouvos como quedou?