Saltar ao contido principal

Febreiro - Na biblioteca inventamos

Onte comezamos a traballar cunha nova temática nas sesións do noso programa de animación á lectura. Xa pasado o entroido, imos aprender cousas sobre diferentes inventos. As sesións son as seguintes:
  • 6 de febreiro: "Conexión telefónica".
  • 13 de febreiro: "Impulso ascendente".
  • 20 de febreiro: "Mensaxes codificadas".
Igual que o mes anterior haberá dúas sesións: 16:30 h. para rapaces de 7 a 12 anos e 18:30 para rapaces de 3 a 6 anos.
Unha NOVIDADE: a partir de agora as PRAZAS son LIMITADAS, haberá que inscribirse para cada actividade o mesmo día, ata media hora antes do seu comenzo. Podes facelo na biblioteca ou por teléfono no 981 422 558.
  • 27 de febreiro: CONTACONTOS. Sesión especial ás 17:30 h. para todas as idades e con ENTRADA LIBRE (é a única actividade do mes para a que non é necesario inscribirse).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.