Saltar ao contido principal

Publicacións

Este mes... literatura xaponesa

Descobre a rica e fascinante literatura xaponesa.

Un verán de cine na biblioteca

Este verán temos unha morea de películas novas que podes levar en préstamo.

Día Mundial do Medio Ambiente

O pasado mércores celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente cuns obradoiros de reciclaxe. Este é o resultado.

E nas Letras Galegas...

Durante todo o mes podedes visitar a exposición-homenaxe a Carlos Casares: E o venres 19, ás 17:30 h. Bandullo azul traeranos unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares, amenizados con música e cancións en directo. Actividade para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Entrada libre.

Mes do Libro

Algunhas imaxes das celebracións levadas a cabo no Mes do Libro.

Día Internacional do Libro Infantil

Mañá é o Día Internacional do Libro Infantil e na Biblioteca de Ortigueira ímolo celebrar con dúas actividades: - O luns día 3 agasallaremos cun marcapáxinas coa imaxe do cartel a todos aqueles que utilicen o servizo de préstamo infantil ao longo de toda a xornada. - O mércores día 5, ás 17:30 h. Charo Pita traeranos "O curral de Cocoricó" para bebés de 0 a 3 anos (precisa inscrición previa). Actividade incluída no programa "ler conta moito" da Xunta de Galicia.     A continuación deixamosvos ás orixes desta celebración máis o cartel e o manifesto conmemorativos deste ano. Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.  Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional d...

"Descobre ás + grandes"

O próximo mércores 8 de marzo celebraremos o Día Internacional da Muller en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) de Ortigueira.