Saltar ao contido principal

Publicacións

Andel de novidades

Mes do Libro

Estas son as actividades programadas para o mes de abril. Animarvos a participar!

Abril, Mes dos Libros

Aínda que para nós todos os días son Día do Libro, o mes de abril é moi especial posto que se celebran as dúas datas máis importantes relacionadas con el: o día 2 é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o día 23 é o Día Mundial do Libro. Na biblioteca imos celebralos con diferentes actividades que vos iremos contando. A primeira delas é a exposición "Nós contamos así", que desde hoxe e ata final de mes podedes visitar na biblioteca. A exposición está formada por diferentes materiais que elaboramos ao longo dos anos para contar historias aos máis pequenos.  Esperámosvos!!!

Actividades Día do Libro Infantil

Ven a celebrar con nós o Día do Libro Infantil!!!

Andel de novidades

Horario de Semana Santa

Novo programa de xestión

Na Rede de Bibliotecas de Galicia estreamos novo programa de xestión bibliotecaria. Unha das novidades máis salientables é que xa podedes utilizar o voso carné da Biblioteca municipal de Ortigueira nas seguintes bibliotecas da Rede: bibliotecas nodais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, bibliotecas municipais de Ferrol, Oleiros, Laxe, Sanxenxo e Vigo. Tamén hai un cambio na política de préstamo xa que se amplía o número de préstamos e o prazo de devolución para os libros. Os usuarios poderedes retirar en préstamo un total de 10 documentos na Biblioteca municipal de Ortigueira e ata un total de 20 en toda a rede. No seguinte cadro podedes velo con máis detalle: O acceso ao novo catálogo é a través da dirección http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal . Nel podedes ver as novidades recentemente chegadas á biblioteca e todos os fondos da mesma. Se, ademais, autenticádesvos coas vosas claves, permítevos facer renovacións de préstamos, modifi...