Saltar ao contido principal

Publicacións

Este mes imos facer punto, coser, bordar...

Este mes...

Andel de novidades

Andel de novidades

Andel de novidades

El último refugio, de Tracy Chevalier

A autora de La joven de la perla regresa con forza da man desta nova heroína, unha muller que foxe da súa terra cos ollos pechados e aprende a mirar de fronte nun mundo que aínda descoñece a palabra liberdade. Máis alá do horizonte, unha terra repleta de novas oportunidades espera. "Sempre podo volver", vai pensando a nova cuáquera Honor Bright . Mentres o barco parte de Bristol cara a terras americanas, esta idea fixa alivia as súas dúbidas e lonxe está a sospeita de que nunca verá de novo a súa querida Inglaterra... Tras unha longa e angustiosa travesía en barco, un tráxico acontecemento obriga a Honor a enfrontarse a un mundo estraño e hostil. O Ohio de 1850 é un lugar precario, que non ofrece comodidades nin admite sentimentalismos. O sol de verán nos milleirais é abrasador, as tormentas de outono poden ser desvastadoras e en inverno a neve cae sen misericordia. As rúas están cheas de lama e esgarros, e os bosques acollen animais e homes estraños: por aí...

Legado en los huesos, de Dolores Redondo

Tr as o éxito de El guardián invisible , Dolores Redondo publica a segunda parte da Triloxía do Baztán O xuízo contra o padrasto da moza Johana Márquez está a punto de comezar. A el asiste unha embarazada Amaia Salazar , a inspectora da Policía Foral que un ano atrás resolvera os crimes do chamado basajaun , que sementou de terror o val do Baztán . Amaia tamén reunira as probas inculpatorias contra Jasón Medina , que imitando o modus operandi do basajaun asasinara, violado e mutilado a Johana , a adolescente filla da súa muller. De pronto, o xuíz anuncia que o xuízo debe cancelarse: o acusado acaba de suicidarse nos baños do xulgado. Ante a expectación e o enfado que a noticia provoca entre os asistentes, Amaia é reclamada pola policía: o acusado deixou unha nota suicida dirixida á inspectora, unha nota que contén unha concisa e inquietante mensaxe: « Tarttalo ». Esa soa palabra que remite ao personaxe fabuloso do imaxinario popular vasco destapará unha trama terro...