Saltar ao contido principal

Publicacións

Actividades agosto

O mércores pasado e máis hoxe recibimos a visita de FU e FA que nos trouxeron moita diversión. A semana pasada lembramos moitas cancións e aprendimos outras novas e hoxe xogamos con globos que se converteron en fermosas flores, intrépidas espadas...

Centenario Cunqueiro

Este ano celébrase o centenario do nacemento do escritor galego Álvaro Cunqueiro e Ortigueira súmase ás celebracións de diversas formas: Na revista das festas deste ano podedes atopar un interesante artigo de Ramón Barro titulado "Cunqueiro, una vida tan fabulosa como su obra" . O autor fai especial referencia á estadía de Álvaro Cunqueiro en Ortigueira. Na Biblioteca municipal tedes á vosa disposición unha mostra bibliográfica sobre a obra de Cunqueiro. O sábado 6 de agosto ás 21:00 h. o Teatro de Beneficencia acolle un dos Faladoiros organizados polo Consello da Cultura Galega para conmemorar o Ano Cunqueiro. Neste faladoiro, titulado "Guerra e literatura", participarán Carlos González Reigosa, Eloy Fernández Clemente, Dolores Vilavedra, Fernando Bouza Álvarez e Ramón Villares.

Actividade "Lolo e a ratoa"

Hoxe, tivemos a primeira sesión do mes de agosto do programa "Moitos contos para ti". A compañía Títeres Trécola tróuxonos o espectáculo "Lolo e a ratoa". Lembrade que o próximo mércores ás 12:00 h. haberá un novo espectáculo co obradoiro de c@nto de NI FU NI FA Animación.

Aviso

HORARIO MES DE XULLO Como todos os anos o horario do mes de xullo será de luns a venres de 9:00 a 14:00. Lembrade que o luns 1 de agosto voltamos de novo ao horario habitual.

Actividade para os alumn@s de 6º curso

Hoxe foron os alumnos e alumnas de 6º curso os que acudiron á súa actividade das Mil e Unha Noites. Igual que os de 5º escoitaron a historia de Alí Babá e confeccionaron as figuras tridimensionais.

Actividade para os alumnos de 5º curso

Onte o alumnado de 5º curso asistiu á súa actividade sobre as Mil e Unha Noites. Despois de escoitar unha versión da historia de Alí Babá e os 40 ladróns confeccionaron unha figura tridimensional dun personaxe da historia. Podían elexir entre un ladrón e a princesa. Entregámoslles unhas plantillas que primeiro tiñan que colorear, logo recortar e finalmente encaixar con moito tino as diferentes pezas.

"Moitos contos para ti" con Títeres Cachirulo

Onte recibimos a Visita de Carmen Domech de Títeres Cachirulo que nos trouxo á biblioteca un montón de divertidos contos de ratos. Contounos as historias de "Frederick", "Sopa de ratos", "Sete ratos cegos"...