Saltar ao contido principal

Publicacións

Xa na biblioteca "La caída de los gigantes" de Ken Follet

Ken Follet regresa coa triloxía The Century onde combina a dimensión épica e o drama humano, selo distintivo das súas obras, a unha escala nunca antes concibida, nin sequera por el. Coa mesma habilidade que nas súas novelas ambientadas na Idade Media, en The Century o autor segue os destinos entrelazados de tres xeracións de cinco familias: unha galesa, unha inglesa, unha rusa, unha alemana e outra estadounidense. Esta primeira novela, La caída de los gigantes , está enmarcada nos cruciais acontecimentos da Primeira Guerra Mundial e a Revolución rusa. A seguinte céntrase na Segunda Guerra Mundial e a terceira, na Guerra Fría. No OPAC podes ver si nestes intres o libro está prestado a outr@ usuari@.

Novela "O Anarquista" de Leandro Pita Romero

En homenaxe a Leandro Pita Romero o Concello de Ortigueira acaba de publicar e edición facsímilar da súa única novela, "O Anarquista". Tod@s os que desexedes obter un exemplar desta obra podedes solicitala no mostrador da Biblioteca ao longo do día de hoxe.

"Invictus"

Dende hoxe tedes á vosa disposición na Biblioteca a película "Invictus". E para os que vos apeteza máis ler o libro lembrarvos que tamén está na biblioteca dende hai uns meses. Vos deixamos aquí o trailer da película:

Leer al sol

En la biblioteca ya tienes a tu disposición nuestras sugerencias de lectura para este verano.

Aviso

HORARIO MES DE XULLO De luns a venres: de 9:00 a 14:00 horas Lembrade que o luns 2 de agosto voltamos ao horario habitual.

"Alicia Patapam en los cuentos" - Actividade realizada para os alumn@s de Educación infantil do CEIP "José María Lage"

Coa 3ª sesión destinada aos alumn@s de Educación infantil rematamos o programa "Coñecendo a Gianni Rodari" levado a cabo ao longo do curso escolar que está a piques de rematar. Nesta sesión, despois de ler a historia de Alicia Patapam xogamos a adiviñar que obxectos trouxo Alicia dos diferentes contos. Rematamos coloreando a historia do Gato con Botas. Descubrimos que coñecemos unha morea de contos tradicionais. Podedes ver máis fotos nos blogues de Educación infantil. Queremos aproveitar para agradecer a todo o profesorado que participáchedes cos vosos alumn@s nas actividades que preparamos. Esperamos que tod@s disfrutásedes tanto coma nós. Tamén desexamos que vos acheguedes por aquí no verán e por suposto o vindeiro curso.

Moitos contos para ti - "Contos do demo" con Fantoches Baj

O día 26 de maio visitounos Fantoches Baj e contounos un montón de historias. Déixovos aquí un par de fotos da sesión. No mes de agosto disfrutaremos de novas sesións do programa "Moitos contos para ti".