Saltar ao contido principal

"Alicia Patapam en los cuentos" - Actividade realizada para os alumn@s de Educación infantil do CEIP "José María Lage"

Coa 3ª sesión destinada aos alumn@s de Educación infantil rematamos o programa "Coñecendo a Gianni Rodari" levado a cabo ao longo do curso escolar que está a piques de rematar.

Nesta sesión, despois de ler a historia de Alicia Patapam xogamos a adiviñar que obxectos trouxo Alicia dos diferentes contos. Rematamos coloreando a historia do Gato con Botas. Descubrimos que coñecemos unha morea de contos tradicionais.












Podedes ver máis fotos nos blogues de Educación infantil.

Queremos aproveitar para agradecer a todo o profesorado que participáchedes cos vosos alumn@s nas actividades que preparamos. Esperamos que tod@s disfrutásedes tanto coma nós. Tamén desexamos que vos acheguedes por aquí no verán e por suposto o vindeiro curso.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.