Saltar ao contido principal

Publicacións

"Alicia Patapam en los cuentos" - Actividade realizada para os alumn@s de Educación infantil do CEIP "José María Lage"

Coa 3ª sesión destinada aos alumn@s de Educación infantil rematamos o programa "Coñecendo a Gianni Rodari" levado a cabo ao longo do curso escolar que está a piques de rematar. Nesta sesión, despois de ler a historia de Alicia Patapam xogamos a adiviñar que obxectos trouxo Alicia dos diferentes contos. Rematamos coloreando a historia do Gato con Botas. Descubrimos que coñecemos unha morea de contos tradicionais. Podedes ver máis fotos nos blogues de Educación infantil. Queremos aproveitar para agradecer a todo o profesorado que participáchedes cos vosos alumn@s nas actividades que preparamos. Esperamos que tod@s disfrutásedes tanto coma nós. Tamén desexamos que vos acheguedes por aquí no verán e por suposto o vindeiro curso.

Moitos contos para ti - "Contos do demo" con Fantoches Baj

O día 26 de maio visitounos Fantoches Baj e contounos un montón de historias. Déixovos aquí un par de fotos da sesión. No mes de agosto disfrutaremos de novas sesións do programa "Moitos contos para ti".

Letras Galegas 2010

Este ano celebramos o Día das Letras Galegas ao longo de todo o mes de maio coa III Mostra do Libro Galego. Nesta ocasión o protagonista foi Uxío Novoneyra, polo que as súas obras estaban incluidas na mostra, que acompañamos cunha serie de láminas editadas pola Xunta de Galicia sobre a vida e a obra deste autor. Completamos a celebración coa visita dos Regueifeiros de Galicia, Suso e Antón de Xornes, que o día 19 divertíronnos moito coas súas regueifas.

"Contos ó teléfono" - Actividade realizada para o terceiro ciclo do CEIP "José María Lage"

Primeiro limos un par de historias do libro "Contos ó teléfono" de Gianni Rodari. Ambas estaban relacionadas cos sons polo que despois xogamos a debuxar e adiviñar onomatopeas. Cada un dos asistentes escolleu unha onomatopea e a debuxou nunha cartolina. A monitora uníu todas as cartolinas formando un libro abano e foinas mostrando para que adiviñásemos que onomatopea representaba cada debuxo.

"Palabras novas" - Actividade realizada para o segundo ciclo do CEIP "José María Lage"

Nesta sesión aprendimos a elaborar palabras novas co método que Gianni Rodari propón no seu libro "Xogos de fantasía". El chámalle o sistema do prefixo fantástico, dí que para inventar palabras novas abonda con poñer un prefixo diante dunha palabra calquera, e así o fixemos. Cada un dos asistentes inventou a súa palabra e a debuxou nunha cartolina. Rematados todos os debuxos unimos as cartolinas e o resultado foi un libro cortina. Finalmente tiñamos que ir adiviñando entre todos que representa cada un dos debuxos. Podedes ver máis fotos no blog dos alumn@s de terceiro de primaria .

"El camino que no iba a ninguna parte" - Actividade realizada para o 1º ciclo do CEIP "José María Lage"

Mónica comezou esta sesión lendo a obra de Gianni Rodari "El camino que no iba a ninguna parte". A continuación xogamos cun tapiz no que había varios camiños. Tiñamos que averiguar cal era o camiño da historia, e a medida que íamos lembrando a mesma aparecían os seus personaxes polo tapiz. Finalmente cada un debuxou nunha cartolina o seu pedazo de camiño, e unímolos todos formando un libro sen fin cun camiño que non vai a ningunha parte.

Premios VI Concurso de debuxo en formato marcapáxinas

Como xa sabedes todos, este ano o noso Concurso de debuxo en formato marcapáxinas estivo adicado á obra do escritor e ilustrador galego Anxo Fariña. Entre os debuxos que fixéchedes os alumn@s do CEIP "José María Lage", e que están expostos na Biblioteca, os premiados foron: 1º premio MARÍA FOJÓN MARTÍNEZ. 2º ciclo Finalistas HELENA LÓPEZ PEÑA. Infantil CHARI DOCAL PÉREZ. 1º ciclo LOLA DEL CARMEN PÉREZ LORENZO. 2º ciclo BORJA BEN MARIÑA. 3º ciclo O primeiro premio consistiu na edición do marcapáxinas co debuxo gañador, un MP4 e un estupendo lote de libros. Os finalistas recibiron cadanseu lote de libros. E, por suposto, Anxo Fariña foi quen entregou os premios na súa visita. Podedes ver más fotos nos blogues do CEIP.