Saltar ao contido principal

Que aconteceu na biblioteca no mes de outubro?

A finais do mes de setembro por fin remataron as obras que se estaban a levar a cabo na biblioteca, polo que o día 3 de outubro retomamos o horario habitual (de luns a venres de 10 a 13:30 h. e de 16 a 20 h.) e pouco a pouco restablecemos todos os servizos.

O día 4 recibimos a visita do mago David Méndez que, dentro do programa Ler conta moito, trouxo uns sorprendentes trucos de maxia para uns usuarios moi especiais como é a familia de ASPROMOR.


O día 24 asistimos ás IV Xornadas de Bibliotecas Públicas de Galicia que nos axudaron a cabilar novas ideas e proxectos que poñer en marcha.

O día 25 celebramos o día das bibliotecas cos máis pequenos. Títeres Cachirulo fixo que pasásemos unha tarde moi divertida co espectáculo "Xela contra o dragón".


Ademáis, durante todo o mes, recibimos unha morea de novidades bibliográficas das que fumos dando conta na páxina de Facebook da biblioteca.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.