Saltar ao contido principal

Celebración das Letras Galegas 2022

Este ano celebramos as Letras Galegas coa instalación de varias casetas de libros libres ao longo da semana do 17 de maio.

A Concellería de Cultura de Ortigueira segue estendendo o seu plan de fomento da lectura entre a cidadanía e por esta razón vai instalar casetas de libros en rúas e parques do municipio.

Trátase de bibliotecas libres, onde colocaremos exemplares para o seu libre uso por parte dos veciños do municipio. Pódense coller para ler e quedar con eles ou devolvelos ás casetas para que outras persoas os poidan ler.  Tamén se poden deixar libros que estean en bo estado e sexan actuais. 

A biblioteca municipal encherá as casetas inicialmente con libros para todas as idades e en varios idiomas.

As casetas teñen  unha porta con ferrollo para acceder aos libros e ao material informativo que poida haber dentro.

Desde o  Concello, ademais de convidar a todos os veciños a participar nesta iniciativa, tamén pide a súa colaboración á hora de respectar as súas normas de funcionamento para que poidan aproveitarse dela cantas máis persoas mellor. 

Inicialmente instalaranse en cinco puntos do municipio co obxectivo de ir ampliándoas para chegar a todas as parroquias.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.