Saltar ao contido principal

Libros máis prestados no 2019 entre o público adulto

Un ano máis imos ver cales foron os materiais máis prestados pola biblioteca durante o ano que acaba de rematar.
O libro máis solicitado polo público adulto foi un temario para preparar oposicións de auxiliar administrativo de corporacións locais.
En segundo, terceiro e cuarto posto tres novelas moi diferentes entre si: "La villa de las telas" de Anne Jacobs, "La cocinera de Castamar" de Fernando J. Múñez e "La reina roja" de Juan Gómez-Jurado.
E en quinto lugar seis novelas que empatan en número de préstamos: os tres libros da triloxía a "La ciudad blanca" de Eva García Sáenz de Urturi, "Las hijas del capitán" de María Dueñas, "Papel y tinta" de María Reig, e "Todo lo que sucedió con Miranda Huff" de Javier Castillo.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.