Saltar ao contido principal

Feito a man na biblioteca: patchwork

Este mes comezamos un novo programa: "Feito a man na biblioteca". A través del tentaremos dar a coñecer diferentes labores artesanais, oficios tradicionais... que se realizan na comarca. Cada mes realizaremos un obradoiro para nenos e unha charla para todos os públicos.
Se realizas algunha actividade deste tipo e desexas participar neste proxecto ou se coñeces a alguén que estea interesado, podes contactar con nós na biblioteca ou no 981 400 101.
Inauguramos este ciclo co patchwork e agradecemos de antemán a colaboración da profesora Gabi Villasuso.
No cartel podedes ver as dúas citas programadas. Esperámosvos!!!

Comentarios

Unknown dixo…
Gracias x el libro,lo vi tan sólo bajo la lluvia q lo adopte paseando x Espasante

Publicacións populares deste blog

Biblioteca pechada!

Debido ás medidas preventivas de saúde pública como consecuencia da evolución do Coronavirus a biblioteca permanecerá pechada desde o 13 de marzo ata novo aviso.
Non vos preocupedes pola devolución do material que poidades ter en préstamo nas vosas casas. Os exemplares poderán ser devoltos na reapertura sen penalización de ningún tipo.
Queremos recordarvos que podedes facer uso da plataforma de libros electrónicos, Galiciale: https://www.galiciale.gal/ Lembrade que para acceder á plataforma só precisades ter o carné dalgunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e ter unha conta de correo electrónico. Se tedes calquera dúbida estamos á vosa disposición no teléfono 981 400 101 e no correo ortigueira.rbgalicia@eidolocal.es

Día Internacional da Muller

O día 4 de marzo pola tarde, Raquel da editorial OQO tróuxonos "Os contos da leiteira", e outras historias relacionadas coa muller e a igualdade.
Esta actividade foi organizada pola Concellería de igualdade-CIM dentro do programa de conmemoración do Día Internacional da Muller.



Benvidos a Xapón! - 11 de marzo