Saltar ao contido principal

Actividades Día do Libro 2018

A semana que vén teremos unha morea de actividades para celebrar o Día do Libro.
Comezamos o luns 23 pola mañá coa IV edición do programa "Séntate a ler". O persoal da biblioteca iremos deixando libros sorpresa de agasallo en diferentes sitios públicos das parroquias que conforman o municipio (excepto en Santa Marta, que como veremos máis adiante ten outra data para iso). 
Con motivo desta actividade ese día a biblioteca abrirá ás 12:00 h.
O mesmo luns, ao longo de toda a tarde, nas instalacións da biblioteca teremos a disposición de todos aqueles que vos animedes sesións de Photocall e BookFace.
A seguinte cita será o xoves 26 ás 11:30 h. no Antigo Mercado (fronte á Casa Consistorial) onde a través da campaña "Libros para sermos libres" da Deputación da Coruña, poremos á vosa disposición 200 libros de agasallo. (A biblioteca estará pechada en horario de mañá).
Para finalizar esta semana de celebracións, o venres 27 ás 20:00 h, na biblioteca acolleremos a conferencia "A escritora Elena Quiroga e Ortigueira" organizada pola Concellería de Patrimonio e Cultura en colaboración coa Asociación Terras do Ortegal. Neste acto, presentado por Luly Dopico, o profesor Alfredo Torres Bouza achegaranos á estancia de Elena Quiroga en Ortigueira e á súa novela "Viento del Norte".
Esperamos que todas estas actividades sexan do voso interese e participedes activamente en cada unha delas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.