Saltar ao contido principal

Tu no eres como otras madres, de Angelika Schrobsdorff

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1214422
A narración de Angelika Schrobsdorff reconstrúe a vida real e inconformista da súa nai, unha muller nada nunha familia da burguesía xudía de Berlín, liberada dos prexuízos do seu tempo e desexosa de casar cun artista (e non co «exce­lente partido» que lle buscaron, un comerciante opulento e maduro). Así, Else vivirá de cheo o nacemento dun novo mundo xunto á culta bohemia berlinesa dos «tolos anos vinte», un período no que terá tres fillos de tres pais diferentes, fiel ás dúas promesas que se fixo de moza: vivir a vida coa máxima intensidade e ter un fillo con cada home ao que amase. Esta é, por tanto, a historia dunha muller singular e sedenta de independencia, que será arroiada por aquilo mesmo no que se negaba a crer ao principio: o presente. Con todo, na dura proba do exilio, Else atopará unha realidade nova e reveladora tras unha vida que ata entón estivo ente­iramente dedicada ás festas, as viaxes e o amor.

Tú no eres como otras madres é un «relato real», como a Suite francesa de Irène Némirovsky, que nos mergulla por completo nunha vida extraordinaria e fainos partícipes de toda a súa riqueza e exaltación, revelándonos a través desa existencia toda unha época: os concertos de música clásica e as novelas de Stefan Zweig, os cabarets e a pintura moderna, o nazismo e as súas terribles leis raciais... Así como tantos e tantos personaxes que existiron durante ese tempo de irrepetible paixón e enerxía, e que pasan por estas páxinas fascinantes: soñado­res, artistas, axitadores, conspiradores, campesi­ños, espías, criados, intelectuais, falsificadores...


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.