Saltar ao contido principal

Todo lo que he aprendido, Luis Rojas Marcos

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=115507
Sabías que o optimismo é o motor da creatividade?, que cando pensamos no pracer a primeira imaxe que nos vén é o sexo?, que a incerteza nos atemoriza máis que un perigo concreto?, que estamos deseñados para ser felices?, que unha alta autoestima non é necesariamente saudable?, que o esquecemento é un regalo da memoria?

O prestixioso psiquiatra Luis Rojas Marcos reúne neste libro as principais ideas e reflexións que recolleu ao longo da súa dilatada e exitosa carreira. Conceptos moi útiles para entender os grandes desafíos que a vida nos formula.

Todo lo que he aprendido é o libro definitivo de Rojas Marcos, no que a través de 303 ideas se resumen as claves para entendernos a nós mesmos e facilitar o noso benestar.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Biblioteca pechada!

Debido ás medidas preventivas de saúde pública como consecuencia da evolución do Coronavirus a biblioteca permanecerá pechada desde o 13 de marzo ata novo aviso.
Non vos preocupedes pola devolución do material que poidades ter en préstamo nas vosas casas. Os exemplares poderán ser devoltos na reapertura sen penalización de ningún tipo.
Queremos recordarvos que podedes facer uso da plataforma de libros electrónicos, Galiciale: https://www.galiciale.gal/ Lembrade que para acceder á plataforma só precisades ter o carné dalgunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e ter unha conta de correo electrónico. Se tedes calquera dúbida estamos á vosa disposición no teléfono 981 400 101 e no correo ortigueira.rbgalicia@eidolocal.es

Día Internacional da Muller

O día 4 de marzo pola tarde, Raquel da editorial OQO tróuxonos "Os contos da leiteira", e outras historias relacionadas coa muller e a igualdade.
Esta actividade foi organizada pola Concellería de igualdade-CIM dentro do programa de conmemoración do Día Internacional da Muller.



Benvidos a Xapón! - 11 de marzo