Saltar ao contido principal

Momentos estelares de la humanidad, de Stefan Zweig

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=115506
Este é probablemente o libro máis famoso de Stefan Zweig. Nel leva ao seu cume a arte da miniatura histórica e literaria. Moi variados son os acontecementos que reúne baixo o título de Momentos estelares: o ocaso do imperio de Oriente, no que a caída de Constantinopla ás mans dos turcos en 1453 adquire o seu signo máis visible; o nacemento del mesías de händel en 1741; a derrota de Napoleón en 1815; o indulto de Dostoievski momentos antes da súa execución en 1849; a viaxe de Lenin cara a Rusia en 1917... «Cada un destes momentos estelares-escribe Stefan Zweig con acerto-marca un rumbo durante décadas e séculos», de maneira que podemos ver neles uns puntos clave de inflexión da historia, que lemos nestas catorce miniaturas históricas coa fascinación que sempre nos produce Zweig.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.