Saltar ao contido principal

Y de repente Teresa, de Jesús Sánchez Adalid

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114988
Obra histórica que conmemora o V centenario do nacemento de Santa Teresa.

Sinopse:
 
A Inquisición contra Teresa de Jesús.

Un proceso oculto durante séculos que por fin sae á luz.

Durante o reinado de Felipe II, a Inquisición lánzase con brío e auténtica obsesión a controlar a sociedade española. Ninguén está libre de sospeita.

Don Rodrigo de Castro é un inquisidor implacable, ambicioso e cauto, que se consagrou concienciudamente a realizar pescudas sobre aquelas mulleres que caen en éxtase ou teñen visións e misteriosas revelacións, por se fosen "iluminadas", é dicir, adeptas á seita mística que tanto preocupa ao Santo Oficio, que a considera herética e relacionada co protestantismo.

E para facer as indagacións pertinentes, De Castro nomeou dous comisarios, un frade dominicano e un cabaleiro da Orde de Alcántara, con atribucións especiais e secretas.

No medio de todo iso, unha muller afánase por unir o presente e o eterno; separar a verdade da aparencia e vivir unha fe auténtica e unha espiritualidade pura: Teresa de Jesús, a figura máis grande e universal da España do XVI, que non obstante a súa fina intuición, a súa maxistral escritura e a súa virtude probada, foi acosada polos inquisidores, algo que se ocultou nos séculos subseguintes e que hoxe, por fin, é sacado á luz

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.