Saltar ao contido principal

Underground, de Haruki Murakami

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114808
O ataque con gas sarín que se produciu no metro de Tokyo en marzo de 1995 cobrouse doce vidas, ademais, miles de persoas resultaron feridas e moitas outras sufriron as súas consecuencias e secuelas. Fondamente afectado, o novelista Haruki Murakami entrevista as vítimas, aos que viviron e sufriron na súa propia carne o atentado, para establecer con precisión que aconteceu ese día nas distintas liñas de metro afectadas e como o viviron. Tamén desentraña a verdadeira historia que se ocultaba tras aquel acto terrorista que converteu unha anódina mañá de luns nunha traxedia nacional. E, sobre todo, intenta responder a algunhas preguntas primordiais: por que? Por que nese momento e lugar concretos?, que nos di da psicoloxía xaponesa o comportamento de todos os implicados? Como contrapunto, Murakami ofrécenos os testemuños dalgúns membros e ex membros da seita para desentrañar os motivos que conduciron a aquel atentado.

Book trailer:


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.