Saltar ao contido principal

Pacto de lealtad, de Gonzalo Giner

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112850
Pouco antes do estalido da Guerra Civil, a vida de Zoe Urgazi esborrállase: o seu marido morre na revolución asturiana ao tempo que ela descobre a súa infidelidade; o seu pai é encarcerado; e ela, sen ningún tipo de ingresos nin patrimonio, é desafiuzada do palacete madrileño onde reside. Botando de menos unha existencia pasada, Zoe intenta sobrevivir nun país turbulento xunto a Campeón, un can sen estirpe, que lle axudará a sortear os perigos dunha guerra inxusta.

Unha novela trepidante que percorre o período máis dramático do século XX: a Guerra Civil e o auxe do nazismo, e que narra, por vez primeira, o papel dos cans nos conflitos armados. Espías, experimentos secretos para achar un can de guerra mitolóxico, traizóns, amor... atravesan estas páxinas que ilustran, grazas ao seu protagonista, o inquebrantable e ancestral pacto de lealdade entre o can e o home.

Book trailer:


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.