Saltar ao contido principal

Los pasos que nos separan, de Marian Izaguirre

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114805
A bora, o vento que azouta Trieste en certas épocas do ano, é un aire apaixonado que dura pouco pero dobra o corpo e muda o ánimo. Salvador e Edita coñecéronse nesta cidade un día de primavera de 1920. Sopraba o vento, e todo cambiou. Ela nacera en Liubliana e el en Barcelona, e os dous roldaban os vinte anos, unha idade espléndida para permitirse calquera loucura, pero Edita, fermosa e discreta, estaba casada e tiña unha filla. Salvador só tiña o seu traballo no taller dun grande escultor e ganas de ser por fin un home e pisar firme na vida.

Logo, en Barcelona, case a finais dos anos setenta... Un home xa maior e viúvo que busca axuda para volver a Trieste e a todos os lugares onde un día creu ser feliz, e unha rapaza, Mariña, que vai ir con el para buscar un futuro. E entre Salvador e Mariña, de súpeto, case sen avisar, os recordos: un parque a beiras do mar, as sabas revoltas dun amor a media tarde, unha plataforma, unha nena que se afasta, e unha espléndida táboa renacentista cunha Virxe que mira e dubida.

Con esas voces que se cruzan no tempo e no espazo, Marian Izaguirre escribiu unha novela onde a culpa e o perdón xogan o mellor dos partidos e cada paso importa.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca nos meses de xaneiro a marzo de 2025.  

Trilogía de Cornish, de Robertson Davies

Ángeles rebeldes: La Universidad de San Juan y el Espíritu Santo, adormecida en su absorbente vida académica, se revoluciona con el regreso del brillante y malvado profesor Parlabane a sus góticos muros y con el complicado legado que la universidad acaba de recibir de Arthur Cornish, uno de los más importantes coleccionistas de arte canadienses del siglo XX. Las suspicacias entre los albaceas del testamento de Cornish –los profesores Hollier, McVarish y Darcourt– se acrecientan al descubrir entre los objetos del legado un manuscrito inédito de Rabelais. La codicia que va a desatar el preciado manuscrito revelará el verdadero carácter de cada uno de los personajes de la novela. Con su prodigiosa habilidad para combinar los más variados temas, Davies urde una intriga en la que nos pasea por la vida académica, el mecenazgo, la alquimia, el coleccionismo, la tradición gitana o el apasionante mundo de los lutieres. Esta novela, la siguiente que Davies escribiría tra...