Saltar ao contido principal

Intemperie, de Jesús Carrasco

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109196
Un neno escapado de casa escoita, acazapado no fondo do seu acocho, os berros dos homes que o buscan. Cando a partida pasa, o que queda ante el é unha chaira infinita e árida que deberá atravesar se quere afastarse definitivamente daquilo que o fixo fuxir. Unha noite, os seus pasos crúzanse cos dun vello cabreiro e, a partir dese momento, xa nada será igual para ningún dos dous.

Intemperie narra a fuxida dun neno a través dun país castigado pola seca e gobernado pola violencia. Un mundo pechado, sen nomes nin datas, no que a moral escapou polo mesmo sumidoiro polo que se foi a auga. Nese escenario, o neno, aínda non de todo malogrado, terá a oportunidade de iniciarse nos dolorosos rudimentos do xuízo ou, pola contra, de exercer para sempre a violencia que mamou.

A través de arquetipos como o neno, o cabreiro ou o alguacil, Jesús Carrasco constrúe un relato duro, salpicado de momentos de gran lirismo. Unha novela tallada palabra a palabra, onde a presenza dunha natureza inclemente ganduxa toda a historia ata confundirse coa trama e na que a dignidade do ser humano xermola entre as gretas secas da terra cunha forza inusitada.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.