Saltar ao contido principal

El Hotel Rosa, de Anna Stothard

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109264
Unha moza de dezasete anos escápase da súa casa en Londres para ir a Los Ángeles e asistir ao funeral da súa nai, Lily, que a abandonou cando tiña apenas tres anos. Tras roubar unha maleta chea de cartas, roupa e fotografías do dormitorio da súa nai, situado na última planta do Hotel Rosa de Venice Beach, a moza pásase o verán percorrendo Los Ángeles, un Los Ángeles moi afastado dos tópicos de sol, praia e glamour, para devolver fotografías e cartas de amor aos homes que coñeceron a Lily. A medida que descobre cousas sobre o pasado desta e intenta reconstruír a súa vida, vai cuestionándose a súa propia identidade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.