Saltar ao contido principal

El consejero, de Cormac Mccarthy

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109134
Un exitoso pero inxenuo avogado dos Estados Unidos decide facer unha incursión no tráfico de drogas sen saber moi ben ao que se expón.

Nas poeirentas terras da fronteira entre Texas e México, un prestixioso avogado decide meterse nunha arriscada operación de tráfico de cocaína que lle pode reportar millóns de dólares. A súa intención é facelo unha soa vez e regresar á súa vida normal coa súa noiva, coa que acaba de prometerse. Non obstante, "el consejero" vese envolvido nun brutal mundo de ambición, loitas de poder e violencia que ameazan con destruír a súa vida.

O autor de La carretera  fai gala do seu talento nesta impactante historia sobre correr riscos e aceptar as súas consecuencias, e o enganoso equilibrio que existe entre os dous.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.