Saltar ao contido principal

Doctor sueño, de Stephen King

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109209
Stephen King volve ao mundo de El resplandor, unha das súas novelas máis queridas e emblemáticas.

Agora Danny Torrance, aquel neno aterrorizado do Hotel Overlook, é un adulto alcohólico atormentado polos fantasmas da súa infancia. Un día séntese atraído por unha cidade de New Hampshire, onde encontrará traballo nunha residencia de anciáns e onde se apuntará ás reunións de Alcohólicos Anónimos. Nese lugar chégalle a visión de Abra Stone, unha nena que necesita a súa axuda. Perséguea unha tribo de seres paranormais que vive do resplandor dos nenos especiais. Parecen persoas maiores e totalmente normais que viaxan polo país nas súas autocaravanas, pero a súa misión é capturar, torturar e consumir estes nenos. Aliméntanse deles para vivir e o resplandor de Abra ten tanta forza que os podería manter vivos durante moito tempo.

Danny sabe que sen a súa axuda Abra nunca conseguiría escaparse deles; xuntos emprenderán unha loita épica, unha batalla sanguenta entre o Ben e o Mal, para intentar salvala a ela e aos demais nenos que sacrifican.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.