Saltar ao contido principal

El despertar de la señorita Prim, de Natalia Sanmartin Fenollera

Atraída por un suxestivo anuncio, Prudencia Prim chega a San Ireneo de Arnois, un pequeno lugar cheo de encanto cuxos habitantes decidiron declarar a guerra ás influencias do mundo moderno. A señorita Prim foi contratada para organizar a biblioteca do Home da Cadeira de brazos, un home intelixente, profundo e cultivado, pero sen chisco de delicadeza. Malia as frecuentes batallas dialécticas co seu xefe, pouco a pouco a bibliotecaria irá descubrindo o peculiar estilo de vida do lugar e os segredos dos seus nada convencionais habitantes.

Narrado con enxeño, brillantez e intelixencia, El despertar de la señorita Prim somérxenos nunha inesquecible viaxe en busca do paraíso perdido, da forza da razón e a beleza e da profundidade que se esconde tras as cousas pequenas.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.