Saltar ao contido principal

Un reino lejano, de Isabel San Sebastián

No maior período de esplendor da Idade Media, mentres xorden os gremios e as cidades modernas e o papel da muller empeza a cobrar relevancia e poder, unha familia desunida polo infortunio loita por deixar atrás a barbarie dunha época escura e plantar as sementes dun futuro civilizado.

No período de maior esplendor da Idade Media, unha familia desunida polo infortunio loita por deixar atrás a barbarie á que se enfronta para plantar as sementes dun futuro civilizado.

Un reino afastado é unha novela épica e ambiciosa en torno a uns escenarios medievais pouco tratados anteriormente: do descoñecido e brutal imperio mongol á trepidante reconquista do Reino de Aragón da man dos almogávares. Do florecemento das cidades, os gremios e unha nova clase social, a burguesía, ao novo papel da muller, que empeza a cobrar relevancia e poder. E é ademais o conmovedor relato da loita enconada entre un pai e un fillo por superar as súas diferenzas, dun amor cheo de sacrificios que vai máis alá da morte, da amizade entre dúas mulleres fortes nun mundo hostil...

Unha novela histórica, e ao mesmo tempo unha viaxe interior, que tocará o corazón dos lectores e satisfará tanto a fieis seguidores do xénero coma aos que se acheguen por primeira vez a el.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.