Saltar ao contido principal

"Mar de amapolas" e "Ríos de humo", de Amitav Ghosh

As augas sagradas do Ganxes, a baía de Bengala, o océano Índico. Interminables campos de papoulas e sinuosos camiños de terra, salpicados de vilas e templos, o crisol humano e relixioso da efervescente Calcuta... Todo isto e moito máis constitúe o escenario onde conflúe o polifacético colectivo humano que conforma o universo de Mar de papoulas, unha novela que nos interna no mundo colonial de Asia do século XIX, no mesmo momento que se fragua unha guerra con China e se albiscan grandes cambios para a Compañía da India e a orde social establecida na India.





Un abano de seres de diversas razas e condición racial remata, por diversos motivos, embarcándose no Ibis, unha gran nave que viaxa da India a Mauricio. Sometidos ás estritas normas que rexen o barco, tratan de sobrevivir a unha viaxe difícil e manter a súa dignidade. En setembro de 1939 o Ibis vese atrapado nunha terrible tormenta. Cando volve a calma a tripulación descobre que despareceron cinco homes. Que terá sido deles? Que destino lles espera?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.