Saltar ao contido principal

Los malos del cuento, de Espido Freire

No máis profundo do bosque ou á volta da esquina, abandonados ás mentiras do lobo disfrazado de avoíña ou do internauta anónimo, fascinados polo sorriso sedutor do vampiro ou do veciño luxurioso... a maldade axéxanos. Porque, como sostén Espido Freire, os monstros existen. Habitan entre nós, queirámolo ou non; forman parte da nosa vida cotiá, dende tempos inmemoriais: sutís ou sanguentos, sibilinos ou brutais, familiares ou descoñecidos. Son os malos do conto. Durante séculos, os mitos, as lendas e os contos de fadas deron cumprida noticia -e aviso- da súa presenza, á par que serviron de guía para enfrontarse a eles.

E iso xustamente é o que se propón esta «guía»: servir de axuda para detectar, identificar e eludir as persoas e as situacións daniñas. Nun percorrido tan persoal como lúcido, Espido Freire relaciona os arquetipos máis recorrentes do malvado coas obras literarias de toda índole que nos adoutrinaron sobre os seus perigos, sen obviar as referencias a tristes sucesos de actualidade. Ameno e arrepiante a partes iguais, o texto recórdanos algo que sabemos pero que a miúdo nos empeñamos en silenciar: o mal existe e debemos estar alerta. Polo noso propio ben.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.